25 de abril de 2018

Máis tesouros por descubrir



Saída ó Río da Pedra

Viaxamos en bus, fixemos xogos grupais, plantamos árbores para reforestar o monte queimado, merendamos, xogamos... e o máis importante: desfrutamos dunha xornada de convivencia entre todos os nenos/as e mestres/as do CRA!




24 de abril de 2018

Sol, auga... e unha balea!


Ímonos pesar!

Fai poucos días incluímos no noso recuncho do corpo unha báscula moi moderna e transparente, á que nos encanta subirnos. Tocaba comprobar cánto pesaba cada un/unha, polo que comezamos a elaborar hipóteses: "seguro que os maiores pesan máis", "Noelia e Adriana pesarán máis porque xa cumpliron 6 anos", etc. Pero despois de realizar esta experiencia comprobamos que non necesariamente son os nenos/as de máis idade os que pesan máis, e que o peso moitas veces está asociado á altura. Así, percatámonos de que Izan pesa igual que Aitana, a pesares de que Aitana é dous anos maior ca él.


A medida que nos iamos pesando, rexistrábamos no encerado o resultado para non esquecelo, comprobando quen tiña o número máis alto e o máis baixo en todo momento para saber quen pesaba máis e menos; máis tarde ordenamos o resto dos pesos.


Cos resultados obtidos, elaboramos un pequeno mural:



Ó día seguinte, unha das propostas consistía en asociar o nome de cada neno/a co número do seu correspondente peso. Non se nos deu nada mal!


19 de abril de 2018

Seguimos celebrando!


Adriana fixo 6 anos! Este mércores celebrámolo na escola e tivemos unha marabillosa mañá de sol que nos permitiu decorar o noso patio cuberto para a ocasión. Moi ben acompañados pola mamá, a avoa e o tío de Adriana e Alejandro, pasámolo en grande merendando e xogando fóra. Tamén tivemos a sorte de desfrutar dunha tarta de galleta, cholocate e lacasitos que fixo Almudena e que estaba para chupar os dedos. Moitas grazas!
Mirade que ben o pasamos!




17 de abril de 2018

Obradoiro de arte

Inspirándonos na proposta do obradoiro de arte "Un campo de flores" do artista Hervé Tullet, elaboramos a nosa propia obra, de xeito colaborativo, relacionada coa primavera. O feito de pintar todos no mesmo mural implica organización, colaboración, esperar turno, respectar as producións alleas, axudarse, dar ideas, diálogo... imos mellorando moitísimo en todos estes aspectos!
Así quedou o noso campo de flores!



16 de abril de 2018

10 de abril de 2018

Estásenos quedando pequena a biblioteca!

Fai poucos días compramos un montón de contos novos para a biblio, e tamén algunhas familias doaron outros tiñan na casa. Con estas aportacións, a biblioteca fáisenos máis interesante cada día! Unha foto como a de hoxe vale máis que 1000 palabras!
(E non, non estaba preparada; prometido!)



9 de abril de 2018

Decenas de cousas

Un día apareceu na nosa alfombra unha caixa de madeira, bastante pequena... Resultou ter dentro pauciños de cores e unha palabra escrita que conseguimos ler, axudándonos uns ós outros/as. Había 10 paus e a palabra era "decena".



Comezamos entón a debuxar decenas de cousas que se nos ían ocurrindo. Así fixemos decenas de...


Tamén ordenamos a serie numérica do 1 ó 10. E como nos gustou, fixémolo varias veces!


Seguro que se pedíamos a colaboración das familias ía ser máis divertido, polo que cada neno/a levou para a casa unha bolsiña de plástico na que tiña que traer unha decena de cousas. Hoxe comezamos a colocalas, queriamos ver cantas cousas tiñamos en total. Mentres estabamos con isto a voltas chegou Jose Antonio, o panadeiro, e Aitana deduciu que él tamén debía traer unha decena de iogures! Por suposto, tamén empregamos esta decena para facer as nosas contas, e as cousas quedaron asi:


Só nos quedaba contar, primeiro de 1 en 1 e logo de 10 en 10, establecendo correspondencia cos números do 1 ó 10 que xa coñecemos e tamén empregando o ábaco que tanto nos gusta. Cando rematamos fomos conscientes de que tiñamos nada menos que 100 cousas enriba da alfombra...!! E de que para facer 100, necesitamos 10 decenas!

Foi unha actividade moi enriquecedora. Graciñas ás familias por colaborar!







Tivemos cumple!


Hoxe AROA cumpriu 4 anos!  e trouxo xunto coa súa mamá, unha chea de lambonadas para celebralo: gusanitos, patatas... e tamén matasogras! Gustáronnos un montón e pasamos un rato divertido xogando con eles e exercitando os nosos pulmóns. 
Como facemos en todos os cumples, xuntamos as mesas, puxemos o mantel da Patrulla Canina e repartirmos a comida nos platos. Ó rematar reciclamos, varremos ben todo e... A XOGAR! 
Tamén nos sacamos mooooitas fotos! Aquí vos deixamos algunhas delas:



8 de abril de 2018

Chegaron máis tesouros a Figueiró!



Máis propostas!



A PLANTA DA PAZ

Este foi o agasallo que preparamos na escola de Figueiró para levarlle ós avós e ás avoas do Centro de día: A PLANTA DA PAZ.

Coñecemos o nome da planta e algúns aspectos a ter en conta para o seu coidado, limpamos ben as follas cun pano húmido, regámola e despois pintamos entre todos, libremente, a maceta de barro.
 

E ESTE FOI O RESULTADO!!!





 "SÓLO CON EL CORAZÓN SE PUEDE  VER BIEN;                                                               LO ESENCIAL ES INVISIBLE A LOS OJOS"

El Principito (Antoine de Saint-Exupéry).


4 de abril de 2018

NOTICIÓN, NOTICIÓN!!!


Si, si! Escoitastes ben: UN DOS NOSOS CARACOIS PUXO OVOS! 
Por iso esta mañá démoslle moitos mimos... ben o merece! Agora toca esperar un tempiño a ver se nacen... xa estamos impacientes!



"Mellores amigos" (Keith Haring)

Verdadeiras obras de arte saíron mediante a reinterpretación do cadro "Mellores amigos" de Keith Haring!!! Esta actividade permitiunos desenvolver non só as nosas capacidades artísticas, senón tamén traballar a motricidade fina (elaborando boliñas con papel de seda) e grosa (dramatizando o cadro), as emocións a través do tema da amizade e o esquema corporal, centrándonos neste caso nos cóbados e os xeonllos, en consonancia co proxecto sobre o corpo humano que estamos a realizar neste trimestre. Aquí vos deixamos unha imaxe da obra orixinal e debaixo as nosas creacións, cada unha delas ESPECIAL e ÚNICA!