9 de novembro de 2017

HOXE TOCOU REPOSTERÍA!

A xornada de hoxe adicámola a elaborar a nosa merenda de mañá! E fixemos nada menos que dúas tortas: unha de mazá (froita propia da estación na que nos atopamos) e outra de iogur. Queremos agradecerlle enormemente a Almudena e María José, mamá e avoa de Adriana e Alejandro, que viñeran ensinarnos a facer estes doces tan ricos. Mañá xa veremos que tal saíron, a pinta polo menos é boa! De momento deixámosvos unhas fotos do proceso e o resultado.








Ningún comentario:

Publicar un comentario