14 de febreiro de 2016

HUGO CUMPLIU 6 ANOS...













XOGOS LECTOESCRITURA...





Co proxeto dos animais tamén traballamos o nome de distintos animais. O xogo consiste en levar as letras ó sitio correspondente para formar o nome do animal a vez que escoitamos o nome das letras. Existe a posibilidade de cambiar de maiúsculas a minúsculas, e cinco niveis diferentes.



Este xogo ofrece moitas posibilidades: coñecer palabras, sílabas, colocar as sílabas, arrastrar,
escuchar e colocar no sitio correspondente.



¿Que palabras comezan con...?

5 de febreiro de 2016

ENTROIDO 2016


A semana pasada celebramos o Entroido. Durante a semana o Meco mandounos disfrazar diferentes partes do corpo e ata nos mandou vir en pixama ¡que cómodos! O venres estivemos na aula de Vilachán cos nenos e nenas de Estás e Vilachán celebrando o Entroido. Dedicámonos a facer un disfraz de araña que nos levou toda a mañá pero non perdemos de merendar esos ricos postres típicos destas datas que nos trouxeron as familias (orellas, filloas, biscoito, tortilla... e siropes) Estaba todo boísimo. ¡Moitas gracias a todas as familias por esa merendola!

2 de febreiro de 2016

XOGOS MATEMÁTICOS...



Aquí tedes un novo xogo co que estivemos xogando. Ten varias modalidades para poder adaptalo a todas as idades. Pulsando no círculo co número 1 xogamos cos cadrados individuais e únicamente con cantidades pequenas; se pulsamos no círculo 10 con regletas equivalentes a 10. Se mantemos seleccionadas o círculo de 1 (unidades) e 10 (decenas) podemos facer un montón de números. Se quixeramos traballar con centenas engadiríamos o círculo co número 100. 
O xogo axúdate a contar, mostra en que vaso engadimos (como facemos durante a Asamblea para contar os días de cole)  e unha regla de referencia (de 1 en 1, de 10 en 10...)
Neste xogo traballamos dende o 0 ó 10 e a concentración. Teñen que estar moi atentos, porque só se mostra uns segundos e deben recordar ( e transformar unha cantidade nun valor numérico) a cantidade de fichas que aparecen.

Este xogo é igual pero con cantidades do 10 ó 20. Clic na imaxe para xogar.

Con este  xogo imos a facer a compra. Temos que escoller en cada caso a bolsa que contén o número correcto que aparece na LISTA da compra. Clic na imaxe para xogar. 
Este xogo traballa os conxuntos equivalentes ¿cantas paxariñas tes que coller para que cada paiaso teña unha? Igual número de paiasos que paxariñas