Pasámolo estupendamente, e aquí vos quedan algunhas fotos!
19 de decembro de 2017
ALEXIA ESTÁ DE ANIVERSARIO!
Pasámolo estupendamente, e aquí vos quedan algunhas fotos!
11 de decembro de 2017
XABÓNS DE CORES
A semana pasada volveu visitarnos María José, a avoa de Adriana e Alejandro, nesta ocasión para ensinarnos a facer xabóns. Foi unha experiencia moi gratificante na que traballamos as cores, as formas, os tamaños... pero sobre todo as sensacións, os olores, as texturas... O resultado, como podedes ver, foi magnífico!
1 de decembro de 2017
28 de novembro de 2017
27 de novembro de 2017
ARTE PUNTILLISTA
Moito nos gusta facer puntiños de cores! Mirade que obras de arte elaboramos empregando a técnica do puntillismo: bodegóns e froitas de outono.
23 de novembro de 2017
¡VISITAMOS A ESCOLA DE AMORÍN!
O pasado martes, as escolas de Amorín, Aurora e Figueiró desenvolvemos unha xornada de convivencia da que desfrutamos moito: xogamos, merendamos xuntos, ensaiamos, pintamos, relaxámonos... foi unha mañá diferente e moi enriquecedora!
20 de novembro de 2017
ALEJANDRO CUMPLIU 3 ANOS!
E tocou celebralo como se merece! Comemos unha riquísima tarta de galleta e chocolate que fixeron a mamá e a avoa de Alejandro e Adriana, e tamén nos axudaron a decorar a clase para deixala así de bonita!
Deixámovos fotiños para que vexades o ben que o pasamos!
16 de novembro de 2017
COUSAS DE AVES
Dende que "Cantarín" (un gorrión) entrou hai un mes pola nosa fiestra e quedou enganchado coas súas patas na moqueta da parede, xurdiu na escola certo interese polas aves. Despois de observalo, acariñalo, bicalo e finalmente soltalo a voar, apeteceunos coñecer máis cousas sobres os gorrións e as aves en xeral. Gracias á colaboración das familias seguimos aprendendo! Hoxe Aitana trouxo á escola un niño de paxaro, que atopou o seu tío Martín: observamos de qué materiais estaba feito, tocamos os anacos de cáscaras de ovo que había dentro, elaboramos hipóteses sobre por qué o niño estaba baleiro... e por suposto sacamos unha foto con el! Ahí vos queda!
9 de novembro de 2017
HOXE TOCOU REPOSTERÍA!
A xornada de hoxe adicámola a elaborar a nosa merenda de mañá! E fixemos nada menos que dúas tortas: unha de mazá (froita propia da estación na que nos atopamos) e outra de iogur. Queremos agradecerlle enormemente a Almudena e María José, mamá e avoa de Adriana e Alejandro, que viñeran ensinarnos a facer estes doces tan ricos. Mañá xa veremos que tal saíron, a pinta polo menos é boa! De momento deixámosvos unhas fotos do proceso e o resultado.
8 de novembro de 2017
ARTE DE OUTONO
Por fin! Xa tiñamos ganas de ensinarvos as nosas obras de arte de outono coas que tanto desfrutamos! Todas elas foron elaboradas con elementos naturais aportados polos nenos/as e as súas familias: moitas grazas por colaborar tanto!
Como vedes, cada cadro é diferente e especial, igual que os/as artistas que os elaboraron. Aquí vos deixamos o resultado final!
Como vedes, cada cadro é diferente e especial, igual que os/as artistas que os elaboraron. Aquí vos deixamos o resultado final!
2 de novembro de 2017
Festas de outono: ¡MAGOSTO E SAMAÍN!
O pasado martes acudimos todos xuntos á escola de Amorín para festexar o magosto e o samaín de maneira conxunta! Pasámolo en grande bailando, xogando, vendo a exposición de cabazas, escoitando contos e música, merendando pan con chourizo e castañas...
A continuación déixovos un vídeo cunha recompilación de fotos deste día e tamén do proceso de decoración da nosa cabaza, da que falabamos hai uns días!
A continuación déixovos un vídeo cunha recompilación de fotos deste día e tamén do proceso de decoración da nosa cabaza, da que falabamos hai uns días!
30 de outubro de 2017
OS MAIORES TAMÉN TEÑEN MEDOS!
Ó longo desta última semana falamos moito dos nosos medos, motivados pola celebración do Samaín que se achega cada vez máis. Nunha destas conversas xurdiu curiosidade polos medos dos maiores; segundo algúns nenos/as "os seus papás non teñen medo a nada porque son maiores!" Pero preguntando, preguntando resulta que sí, que os papás, mamás, avós, avoas... tamén teñen medos!! Aquí vos deixamos algúns deles!
26 de outubro de 2017
ACHÉGASE O SAMAÍN...
...e na clase de Educación Alternativa comezan a aparecer seres moi pero que moi raros!
¡¡¡Moitas grazas por facernos desfrutar tanto, PROFE BETLEM!!!
¡¡¡Moitas grazas por facernos desfrutar tanto, PROFE BETLEM!!!
O noso patio empeza a coller cor...
Aínda que o sol nos molestaba nos ollos, tivemos que sacar esta foto igual! Necesitabamos ensinarvos que...
¡MOITAS GRAZAS A AINOA E Á SÚA MAMÁ por facerlle esta saia de lá tan bonita á nosa árbore máis gordiña!, contribuíndo a que o noso patio estea un chisquiño máis bonito do que xa é.
24 de outubro de 2017
23 de outubro de 2017
18 de outubro de 2017
HOXE PASOU ALGO IMPORTANTE...
AINOA CUMPLIU 4 ANOS!!
...e como era de esperar, adicamos parte da xornada a celebrar o seu cumple! Fixemos un pouco de todo: preparamos a mesa, decoramos a coroa, cantamos, merendamos, sacamos fotos, reciclamos, xogamos... Foi unha xornada moi divertida! Queremos agradecer moito moito á mamá e ó padriño de Ainoa, por traernos unha merenda tan rica e decorarnos a aula con tanto xeito! Moitas grazas!
9 de outubro de 2017
6 de outubro de 2017
5 de outubro de 2017
VISITAMOS A IRIS E ÓS NENOS/AS DO SEIXO!
Hoxe foi un día diferente! Pasamos a mañá cos nenos e as nenas da escola de Estás e de Seixo 1. Foi todo moi divertido! Ó chegar presentámonos e bailamos un pouquiño para espertar.
Despois subimos á biblioteca e menuda sorpresa levamos! Resulta que IRIS recibiu a nosa carta e púxose moi contenta. Alí puidemos coñecela un pouquiño máis e tamén desfrutar dun contacontos, grazas á profe Rebeca.
Despois subimos á biblioteca e menuda sorpresa levamos! Resulta que IRIS recibiu a nosa carta e púxose moi contenta. Alí puidemos coñecela un pouquiño máis e tamén desfrutar dun contacontos, grazas á profe Rebeca.
Ó rematar merendamos e saímos ó patio. A verdade é que os nenos/as do Seixo teñen un patio ben bonito!!
Despois saímos dar unha volta e fomos ver unha obra de arte: "O carballo de Vilar", de Liliya Pobornikoba. Para rematar fomos ó mercado, comprobando o que se vendía nas diferentes tendas.
Como vedes foi unha mañá máis que completa, da que desfrutamos un montón!!!
4 de outubro de 2017
UNHA INVITACIÓN ESPECIAL
Esta mañá cando chegamos á aula atopamos algo que nos fixo moita ilusión: unha carta de Iris, a mascota da biblioteca, no noso buzón!!
Pois o caso é que estamos de sorte! Iris invitounos a visitar a biblioteca do cole de Tomiño, que seica é a súa casa. Para darlle as grazas pola invitación, nós tamén lle escribimos unha carta e metémola no buzón. Esperemos que a Iris lle faga tanta ilusión como a nós!!
3 de outubro de 2017
CORES E EMOCIÓNS PARA COMEZAR!
Hai mellor forma de comezar o curso que coñecéndonos mellor a nós mesmos/as? Grazas á colaboración de Almudena, a mamá de Adriana e Alejandro, que nos visitou o pasado venres, pasamos un ratiño divertido lendo "O monstro de cores". Así traballamos coas CORES e as EMOCIÓNS, deixándoas todas ben organizadiñas para que non se mesturen e nos pase igual que ó protagonista deste conto.
Moitas grazas pola iniciativa Almudena! Quedamos encantados/as!
Moitas grazas pola iniciativa Almudena! Quedamos encantados/as!
2 de outubro de 2017
14 de maio de 2017
ENTOMÓLOGOS E ENTOMÓLOGAS
ENTRE LUPAS E BICHOS
OS NOSOS BÓMBICES
Os compañeiros de Carregal regaláronos uns vermes bómbices pequeniños (vermes de seda) e entre as nosas familias os coidamos moi ben.29 de abril de 2017
25 de abril de 2017
28 de marzo de 2017
24 de marzo de 2017
20 de marzo de 2017
19 de marzo de 2017
28 de febreiro de 2017
12 de febreiro de 2017
OLA PAPIS E MAMIS:
NO 2º TRIMESTRE COMO XA SABEDES, IMOS A INVESTIGAR
A VIDA DAS MOSCAS.
ALGUNHAS DAS COUSIÑAS QUE IMOS FACENDO
QUEDARÁN SUBIDAS NESTA ENTRADA… ASÍ QUE VOS PEDIMOS QUE ESTEADES ATENTOS E
ATENTAS AO LONGO DO TRIMESTRE A ESTA ENTRADA.
MOITAS GRACIÑAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN.
UN ENTROIDO CON MOITAS MOSCAS
Neste mes de febreiro tivemos talleres de disfraces. As nosas familias nos axudaron a facer un disfraz moi chuli. Como é lóxico nos disfrazamos de MOSCAS.
Aquí deixamos uns momentos e o resultado do noso traballo:
GRACIÑAS POR PARTICIPAR.
OS NENOS E NENAS ESTÁN EXPERIMENTANDO CON VARIADA BICHERÍA.
FEBREIRO
POLO XANEIRO TIVEMOS A VISITA DUN GRAN ENTOMÓLOGO
1 de febreiro de 2017
31 de xaneiro de 2017
DESEXAMOS A PAZ
Nos últimos días de xaneiro estivemos a falar e experimentar a sensación
de paz. As familias nos axudaron dende a casa con fotografías e recortes de
prensa.
O día 30 de xaneiro tivemos unha
xuntanza cos compañeiros de Estás. Ese día cociñamos galletas para a PAZ,
merendamos con PAZ, xogamos en PAZ, fixemos un mandala colaborativa desexando un
mundo con PAZ, nos abrazamos e levamos as galletas da PAZ para casa...
Aquí vos deixamos os nosos momentos
29 de xaneiro de 2017
26 de xaneiro de 2017
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)