31 de xaneiro de 2019

Ondas de paz, arrolos de mar


Esta é a instalación ubicada no Mercado de Tomiño para conmemorar o Día escolar da Non violencia e da Paz, que partiu do marabilloso conto de Annabelle "No hay tiempo".

Nela atoparedes unha exposición-recompilación de "tempos valiosos" para as familias do CRA, representados mediante obxectos especiais introducidos en botes de cristal. Os nenos/as e os profes tamén aportamos o noso gran de area, escribindo en barquiños de papel aqueles momentos e experiencias importantes para nós. Con eles elaboramos un camiño que vos leva directamente á instalación!

Ó lado dispuxemos unha mesiña na que atoparedes máis barquiños de papel e unhas pinzas. Cal é o motivo? Pois que queremos que todo o que queira participar nesta instalación poida facelo, escribindo neses barcos aqueles momentos valiosos para él/ela, xa sexan presentes, pasados ou futuros, e colgando ditos barcos con pinzas na rede, xunto cos botes de cristal. Animádevos a participar!

Que aproveitar para agradecer ós nenos/as, as familias, ós profes e ó resto da comunidade educativa todo o traballo realizado. Sen todos vós esto non sería posible!

Tamén agradecer a Ángela que nos descubrise esta bonita historia, a toooodo o Equipo de Biblio pola súa enorme dedicación e en especial á nosa coordinadora Sara, polo seu esforzo e implicación permanente. 
Esperamos que desfrutedes desta instalación!


Convivencia pola PAZ

Que mellor que conmemorar o Día da Non Violencia e da Paz convivindo cos compañeiros/as doutras escolas? Pois así o fixemos. En Amorín acolléronnos con moito gusto, e alá nos fomos, xunto cos compis de Seixo 3, a pasar unha xornada divertida realizando diferentes obradoiros para conmemorar este día: mandalas de paz, retroproxector e mesa de luz, elaboración de botellas da calma...



O máis importante, e aínda máis se cabe neste día, a colaboración, a convivencia, o respecto polos demáis, a tolerancia... tamén a creatividade, imaxinación, expresión das propias emocións, comprensión das alleas, a reflexión... Valores todos eles fundamentais para a vida en sociedade e que debemos comezar a traballar dende a infancia.




24 de xaneiro de 2019

Zamburiñas de cores!


Moitas grazas a Noemí e á súa mamá por traernos estas conchas tan bonitas! Foi unha experiencia artística moi divertida para os nenos/as, vinculada co noso actual proxecto do mar. Xa vos contaremos o que imos facer con estas fermosas obras de arte. Polo momento, deixámosvos unha fotiño do resultado final!



21 de xaneiro de 2019

Aitor xa ten 4!


O pasado venres volvemos ter celebración! Nesta ocasión foi Aitor o que cumpriu 4 anos, e a súa mamá Sofía veu ó cole a celebralo con nós. Trouxo unhas fotos moi chulas para que puidésemos tomar conciencia do que medrou Aitor dende que naceu, nas que puidemos velo de recén nacido, na piscina ou incluso na neve!


Cando rematou de dar as súas voltiñas ó Sol entregámoslle o agasallo. Tanto lle gustou, que non puido esperar a chegar á casa para ler as palabras que lle escribiron os seus compañeiros/as, e antes de merendar púxose coa súa mamá mans á obra!


 O resto da xornada, coma sempre xogamos moito, desfrutando todos xuntos deste venres especial.


16 de xaneiro de 2019

Aniversario de Alexia!


Por fin puidemos celebrar o 4º cumpreanos de Alexia. Nada máis voltar das vacacións e xa temos festa! 
Coma sempre, comezamos a celebración vendo fotos de cando Alexia estaba na barriga da súa mamá e de como pouco a pouco foi medrando co paso do tempo. Catro voltas ao Sol xa son unhas cantas!
Ó rematar axudámoslle a soplar a vela e entregámoslle o noso especial agasallo, feito con moito cariño por todos/as.
 

Despois de preparar colaborativamente a mesa, puxémonos a merendar. O biscoito de chocolate que elaboraron Alexia e a sú mamá estaba delicioso, e tamén as patatiñas que tanto nos gustan. 
O resto da mañá dedicámola a xogar ó aire libre.
Felices 4 aniños, Alexia!






13 de xaneiro de 2019

Arrancamos co 2º trimestre!

E que mellor forma de facelo que profundizando un pouquiño na estación na que nos atopamos: creamos copos e bonecos de neve, coñecemos as cores frías relacionadas co inverno, creamos mediante a estampación de sellos, clasificamos, emparellamos imaxes iguais...


Paralelamente, seguimos realizando propostas relacionadas coa lóxica-matemática, lecto-escritura, o proxecto do mar, vida práctica, creatividade...; progresando no desenvolvemento das nosas capacidades e habilidades e adquirindo cada vez máis autonomía!