Esta é a instalación ubicada no Mercado de Tomiño para conmemorar o Día escolar da Non violencia e da Paz, que partiu do marabilloso conto de Annabelle "No hay tiempo".
Nela atoparedes unha exposición-recompilación de "tempos valiosos" para as familias do CRA, representados mediante obxectos especiais introducidos en botes de cristal. Os nenos/as e os profes tamén aportamos o noso gran de area, escribindo en barquiños de papel aqueles momentos e experiencias importantes para nós. Con eles elaboramos un camiño que vos leva directamente á instalación!
Ó lado dispuxemos unha mesiña na que atoparedes máis barquiños de papel e unhas pinzas. Cal é o motivo? Pois que queremos que todo o que queira participar nesta instalación poida facelo, escribindo neses barcos aqueles momentos valiosos para él/ela, xa sexan presentes, pasados ou futuros, e colgando ditos barcos con pinzas na rede, xunto cos botes de cristal. Animádevos a participar!
Que aproveitar para agradecer ós nenos/as, as familias, ós profes e ó resto da comunidade educativa todo o traballo realizado. Sen todos vós esto non sería posible!
Tamén agradecer a Ángela que nos descubrise esta bonita historia, a toooodo o Equipo de Biblio pola súa enorme dedicación e en especial á nosa coordinadora Sara, polo seu esforzo e implicación permanente.
Esperamos que desfrutedes desta instalación!
Ningún comentario:
Publicar un comentario