O pasado venres volvemos ter celebración! Nesta ocasión foi Aitor o que cumpriu 4 anos, e a súa mamá Sofía veu ó cole a celebralo con nós. Trouxo unhas fotos moi chulas para que puidésemos tomar conciencia do que medrou Aitor dende que naceu, nas que puidemos velo de recén nacido, na piscina ou incluso na neve!
Cando rematou de dar as súas voltiñas ó Sol entregámoslle o agasallo. Tanto
lle gustou, que non puido esperar a chegar á casa para ler as palabras
que lle escribiron os seus compañeiros/as, e antes de merendar púxose
coa súa mamá mans á obra!
O resto da xornada, coma sempre xogamos moito, desfrutando todos xuntos deste venres especial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario