26 de marzo de 2016

SONS, LETRAS E APRENDIZAXES...

Cando falamos de conciencia fonolóxica falamos de sons, vogais, consoantes, letras, aprendizaxes... Os nenos e nenas de infantil teñen un acercamento a lectoescritura dunha maneira lúdica e divertida, unha maneira significativa. Abrimos as portas a un futuro lector por gusto e interese, unha apropiación lenta pero segura. Aquí podedes ver unhas cantas actividades que realizamos na aula para ir facendo nosa a lingua... Na casa podemos seguir xogando cas letras cando escribe os nomes máis importantes: mamá, papá, os irmáns, as mascotas... a lista da compra, ¡sobre todo para non olvidarnos das galletas que máis nos gustan!, os contos ¡fundamentais! ...

25 de marzo de 2016

A CIENCIA NA AULA...

Este trimestre retomamos o obradoiro de Ciencias unha vez a semana. Resulta unha sesión moi divertida e máxica, porque algunhas das cousas que facemos parecen cousa de magos. Por natureza os nenos e nenas destas idades experimentan, proban, mezclan... como método de aprendizaxe. Cuestionar e reflexionar sobre os fenómenos naturais que ocorren o noso arredor, mediante a investigación das causas que os xeran. Esto permitiralles desarrollar unha actitude científica e reflexiva, analítica. Facer hipóteses e comprobalas a través da experimentación.





17 de marzo de 2016

EXCURSIÓN INDIANA BILL...

Aquí tedes unhas cantas fotos da excursión a Indiana Bill. A verdade é que non teñen calidade, porque con tanto movemento era imposible conseguir algunha decente pero tanto os nenos como as profes pasámolo en grande e acabamos rendidos.

15 de marzo de 2016

VISITA A UN MUSEO.....LUIS ÁLVAREZ ENSÍNOUNOS AS SÚAS OBRAS

A pasada semana fixemos unha pequena excursión por Figueiró cos compañeir@s de Carregal e Estás, xa que o papá de África nos invitou a ver as súas obras. Un artista autodidacta que atopou na pedra a súa mellor ferramenta para pasar horas sen decatarse. E canto a ún lle ven de dentro, todo é máis doado, pero tamén sabemos que a crisis fixo moita mella na rama, quizás máis importante dunha cultura, a súa arte, Pero hai cousas as que debemos aproximar ós máis pequenos que aínda que pareza que non aporta nada, vai xerando un interese e gusto propio e persoal.
Asi que collemos os bártulos e hacia San Campio arrancamos, e xa que éramos moitos nen@s decidimos crear dous grupos: un quedou xogando en San Campio e poñendo en práctica aqueles xogos tradicionais os que quizás xogaban os seus avós (outro pedaciño de cultura que hai que manter) e outros arrancamos cara a casa de Luis Álvarez, o seu nome artistico, Lucky para os amigos
No camiño tamén saudamos ó irmán e avós de Adri, o seu can Turrón e vimos algunhas casas dos nen@s de Figueiró.
Darlle as gracias a Luis por abrirnos as portas da súa casa e do seu arte, e adicarnos o seu tempo.
E os nenos e nenas de Estás e Carregal e as profes que nos axudaron a pasar unha velada estupenda.

14 de marzo de 2016

LÓXICA-MATEMÁTICA...

Aínda que o blogue está algo parado últimamente, xa que me atopo traballando en creación de  novas actividades TICS nun proxeto que estamos a desenvolver neste curso e que pronto vos ensinarei, na aula estivemos traballando moitísimo este trimestre. Aquí podedes ver un exemplo das actividades que se engloban na lóxica-matemática: organización espacial, conteo, equivalencias, grafías...

2º SESIÓN CREARTE...

Esta 2ªsesión de CREARTE estivemos cos compañeir@s de Carregal e tivemos unha xornada intensa na que non nos acompañou o tempo, pero si as ganas de disfrutar e compartir estas convivencias que tanto nos aportan.  A profe Merchi montou un movie co que fixemos ese día, darlle mil gracias, xa que estes pequenos movies axudan a facer máis próxima a relación escola-familia e falar coa imaxe para que coñezades as cousas que aprendemos e traballamos na aula.

Crearte II. Arte fraccionario. Emocións. Ioga.