28 de marzo de 2019

A flor do pexegueiro

Moito nos gusta elaborar floreiros e despois debuxalos! Xa o fixemos con mimosas e con azaleas, e foi unha experiencia moi enriquecedora, pois todos os nosos sentidos e as habilidades artísticas entran en xogo. Nesta ocasión, atrevémonos coa fermosa flor do pexegueiro, utilizando a técnica de estampación con algodóns. Como o tempo nos acompañou, fixémolo ao aire libre!




P R I M A V E R A

O pasado xoves comezou a primavera, unha estación chea de cor que nos permite traballar múltiples habilidades, destrezas e contidos na escola. 


Elaboramos xardíns de flores empregando plantillas de madeira, traballamos os insectos asociando as miniaturas con imaxes reais e tamén co seu nome, buscámolos nas enciclopedias e inventarios para saber máis cousas deles, experimentamos libremente na mesa de experimentación, elaboramos conxuntos de flores, follas, pedras... asociando número e cantidade, etc.


Tamén nos aproximamos ao coñecemento de flores como a cala, a margarita o xacinto e o clavel, asociando fotografía, nome e flor real; fixemos puzzles realacionados coa primeravera e clasificamos bolboretas por tamaños (grande-mediano-pequeno). 

Mirade a de cousas que fixemos, e a primavera aínda acaba de comezar!





22 de marzo de 2019

Seguimos traballando por propostas!





Convivencia en Vilameán

O pasado venres, todo o CRA acudimos á escola de Vilameán con dous propósitos: pintar as obras de arte que elaboramos con barro na anterior sesión de Cre-Arte e coñecer diferentes aspectos sobre as conservas e a importancia do seu consumo, grazas á modalidade "Ponlle as pilas ao teu bocata" do Plan Proxecta. Como poderedes imaxinar, merendamos bocatas de conservas: atún, sardiñas, chocos... Foi unha experiencia moi positiva! Aquí vos quedan algunhas fotiños.



14 de marzo de 2019

Visitamos o Centro de Día de Tomiño

O pasado mércores fixemos unha saída escolar ó Centro de Día de Tomiño, xunto cos nosos compis da Escola de Amorín. Foi unha xornada moi divertida e enriquecedora na que fixemos ximnasia, manualidades, xogos de mesa, relaxación, maquillaxe, contacontos...

O mellor de todo? O cariño e a complicidade que xorde entre persoas de idades tan distintas.





MIMOSAS

Proposta artística e naturalista que realizamos a pasada semana coa mimosa, unha flor que aparece a finais da estación do inverno.

Cada nen@ elabora o seu floreiro enchéndoo de auga e utilizando a tesoira para preparar as diferentes ramas que quere introducir nel. Ó rematar plasmámolo no papel, primeiro debuxámolo e despois dámoslle cor con acuarelas.



Así quedaron algunhas das nosas obras de arte!
 
A proposta gustounos tanto que esta semana estamos realizándoa de novo pero con outra flor diferente. Xa vos amosaremos fotiños!