31 de decembro de 2015

FESTIVAL NADAL...

Para rematar o trimestre con bo sabor de boca, os nenos e nenas de Figueiró fixemos unha obra musical escollida de forma cuidadosa e cunha mensaxe moi clara. A verdade é que tanto os actores e actrices como as familias estiveron a altura. Unha estupenda actuación por parte dos primeiros, despois de moitos ensaios, e a creación do vestuario por parte dos segundos logrou un resultado fantástico e do que nos sentimos moi orgullosos, tanto que xa queremos repetir. Gracias á grabación de Lucky podemos disfrutar da obra como espectadoras, xa que a cámara do cole estropeose. ¡Un fuerte aplauso para los protagonistas, familias e nen@s! E recordade, o mellor agasallo é UN ABRAZO.

10 de decembro de 2015

OBRADOIRO DE GRAFISMO...

Estivemos facendo un traballo moi completo de GRAFISMO. Centrámonos no círculo a partir do cal puidemos ver moitas cousas na natureza e feitas que se basan nesta forma: rodas, señais de tráfico, a lúa e o sol, tapas...




Aquí tedes un documento interesante que fala das fases do grafismo na etapa de educación infantil se queredes saber algo máis. Fai click na imaxe.
                    Pequeño Van Gogh

TRABALLAMOS A LINGUAXE...

Un dos contidos fundamentais na etapa de Educación Infantil é a linguaxe oral. Como sistema de comunicación e comprensión resulta fundamental que os nenos e nenas aprenden a empregar a linguaxe dunha maneira correcta, aumente progresivamente o seu vocabulario, fagas frases correctas, sepa facer peticións, pedir axuda e empregar as fórmulas habituais de cortesía. Por iso, traballamos o soplo, os movementos da lingua, da boca (praxias) a través de contos de imitación de sons de animais, soplo de velas, pelotas de papel, pompóns, silbatos, plumas, matasuegras, molinillos, pompas... todos estes recursos axudan a acadar unha correcta linguaxe. Ademáis, imos traballando a cantidade de sílabas dos nomes propios, nomes de animais, palabras que comezan por vogais, os sons vogais e consonánticos, o inicio e o final das palabras...todos estos contidos da conciencia fonolóxia, capacidade necesaria para unha correcta adquisición da lectoescritura.
Aquí tedes algúns dos recursos dixitais que empregamos na aula.