31 de xaneiro de 2016

DÍA DA PAZ...

Este sábado día 30 de xaneiro celebrouse o Día da Paz, e nos tamén o celebramos na aula de Estás o venres cos nenos e nenas dese aula e de Vilachán. O primeiriño de todo era falar un pouco de que significa ese día e xa que estamos a traballar o Proxeto sobre os animais, facer alusión os dereitos dos animais. Cantamos unha canción de Susa Herrera, basado no conto ¡Sé tu mismo y nada más!

e estivemos facendo uns talleres. Nun deles falamos, e fixemos un mural sobre os dereitos dos animais; tamén elaboramos un atrapasoños e preparamos a merenda, con nocilla casera incluída. Pero sobre todo, convivimos con outros nenos e nenas, pasamos o día con novos amigos e con esa prima da que tanto falamos no cole. Non hai moitas fotos, porque os talleres precisaban de axuda pero aquí tedes algumhas.







OUTRA VISITA ESPECIAL...

Hai uns meses Jennifer tivo un irmán e como non podía ser doutra forma, veunos facer unha visitiña. Os nen@s encantados dándolle bicos e carantoñas.
                                              ¡En nadiña, xa ando correndo por Figueiró!

24 de xaneiro de 2016

Plantamos en zapatos vellos con ACUBAM...

Este venres tivemos a visita de Patricia de ACUBAM (Asociación de Cultivos do Baixo Miño) que veu a realizar connosco a plantación de CISTUS en zapatos e botas vellos. Esta actividade forma parte dun programa do Concello en colaboración cos centros escolares para acercar os máis cativos o mundo das plantas e o seu cuidado e disfrute. Nesta primeira sesión, o primeiro que nos presentou foi unha serie de palabras un pouco raras relacionadas co mundo das plantas como Viveiro, ornamental e cistus. Estivemos falando de papás e mamás que traballan en viveiros ou algunha actividade semellante, aínda que algúns non o tiñan moi claro.

21 de xaneiro de 2016

BISCOITO DE NUTELLA...

O taller de cociña é un dos talleres que máis lles gusta e decidimos que para celebrar o meu cumple non traería un biscoito senón que o faríamos todos xuntos na clase. E como este ano contamos no cole cunha reposteira de luxo, a profe Mirta, recomendounos un biscoito de nutella ¡riquísimo!
O resultado non puido ser mellor, só quedaron as miguiñas. Podedes atopar esta e outras recetas no seu blogue e tamén no seu recente libro "Dulce sentimento" AQUÍ

                                          portada-libro-widget

TALLER GRAFISMO 2...

Seguimos co taller de grafismo e probando diversas técnicas onde unhas veces teñen que estampar e trazar (coello), outras trazamos círculos tendo como referencia un gomet, cunha mezcla de témpera e fariña fixemos debuxos cunha agulla de plástico e tamén fixemos un estupendo gorro de inverno onde trazamos, fixemos boliñas de seda, pegamos, recortamos, e pintamos con acuarelas.
Existen libros estupendos onde os nen@s poden deixar rienda solta a súa creatividade, pasar un rato agradable e traballar a forza da man, dedos e o control do trazo.
         
   

20 de xaneiro de 2016

CUMPLEANOS NOELIA...

Noelia acaba de estrear o trimestre cumplindo 4 anos ¡MOITAS FELICIDADES!