24 de xaneiro de 2016

Plantamos en zapatos vellos con ACUBAM...

Este venres tivemos a visita de Patricia de ACUBAM (Asociación de Cultivos do Baixo Miño) que veu a realizar connosco a plantación de CISTUS en zapatos e botas vellos. Esta actividade forma parte dun programa do Concello en colaboración cos centros escolares para acercar os máis cativos o mundo das plantas e o seu cuidado e disfrute. Nesta primeira sesión, o primeiro que nos presentou foi unha serie de palabras un pouco raras relacionadas co mundo das plantas como Viveiro, ornamental e cistus. Estivemos falando de papás e mamás que traballan en viveiros ou algunha actividade semellante, aínda que algúns non o tiñan moi claro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario