30 de outubro de 2017

OS MAIORES TAMÉN TEÑEN MEDOS!

Ó longo desta última semana falamos moito dos nosos medos, motivados pola celebración do Samaín que se achega cada vez máis. Nunha destas conversas xurdiu curiosidade polos medos dos maiores; segundo algúns nenos/as "os seus papás non teñen medo a nada porque son maiores!" Pero preguntando, preguntando resulta que sí, que os papás, mamás, avós, avoas... tamén teñen medos!! Aquí vos deixamos algúns deles!






26 de outubro de 2017

ACHÉGASE O SAMAÍN...

...e na clase de Educación Alternativa comezan a aparecer seres moi pero que moi raros!
¡¡¡Moitas grazas por facernos desfrutar tanto, PROFE BETLEM!!!


O noso patio empeza a coller cor...

Aínda que o sol nos molestaba nos ollos, tivemos que sacar esta foto igual! Necesitabamos ensinarvos que...


¡MOITAS GRAZAS A AINOA E Á SÚA MAMÁ por facerlle esta saia de lá tan bonita á nosa árbore máis gordiña!, contribuíndo a que o noso patio estea un chisquiño máis bonito do que xa é.

24 de outubro de 2017

Na xornada de hoxe traballamos cun dos cadros máis característicos do pintor Piet Mondrian. Como vedes, a nosa reinterpretación non estivo nada mal! 


Ademais, esta obra serviunos de inspiración para decorar a nosa enooooorme cabaza de Samaín, que nos trouxo o venres pasado o avó de Izan. Moitas grazas!

Sinto decirvos que ides ter que esperar un pouquiño máis para ver en que acaba isto da cabaza... pois a pobre aínda se atopa...

18 de outubro de 2017

HOXE PASOU ALGO IMPORTANTE...

AINOA CUMPLIU 4 ANOS!!


...e como era de esperar, adicamos parte da xornada a celebrar o seu cumple! Fixemos un pouco de todo: preparamos a mesa, decoramos a coroa, cantamos, merendamos, sacamos fotos, reciclamos, xogamos... Foi unha xornada moi divertida! Queremos agradecer moito moito á mamá e ó padriño de Ainoa, por traernos unha merenda tan rica e decorarnos a aula con tanto xeito! Moitas grazas!


6 de outubro de 2017

5 de outubro de 2017

VISITAMOS A IRIS E ÓS NENOS/AS DO SEIXO!

Hoxe foi un día diferente! Pasamos a mañá cos nenos e as nenas da escola de Estás e de Seixo 1. Foi todo moi divertido! Ó chegar presentámonos e bailamos un pouquiño para espertar.
Despois subimos á biblioteca e menuda sorpresa levamos! Resulta que IRIS recibiu a nosa carta e púxose moi contenta. Alí puidemos coñecela un pouquiño máis e tamén desfrutar dun contacontos, grazas á profe Rebeca.

Ó rematar merendamos e saímos ó patio. A verdade é que os nenos/as do Seixo teñen un patio ben bonito!!



Despois saímos dar unha volta e fomos ver unha obra de arte: "O carballo de Vilar", de Liliya Pobornikoba. Para rematar fomos ó mercado, comprobando o que se vendía nas diferentes tendas.


 Como vedes foi unha mañá máis que completa, da que desfrutamos un montón!!!

4 de outubro de 2017

UNHA INVITACIÓN ESPECIAL

Esta mañá cando chegamos á aula atopamos algo que nos fixo moita ilusión: unha carta de Iris, a mascota da biblioteca, no noso buzón!!

Pois o caso é que estamos de sorte! Iris invitounos a visitar a biblioteca do cole de Tomiño, que seica é a súa casa. Para darlle as grazas pola invitación, nós tamén lle escribimos unha carta e metémola no buzón. Esperemos que a Iris lle faga tanta ilusión como a nós!!

3 de outubro de 2017

CORES E EMOCIÓNS PARA COMEZAR!

Hai mellor forma de comezar o curso que coñecéndonos mellor a nós mesmos/as? Grazas á colaboración de Almudena, a mamá de Adriana e Alejandro, que nos visitou o pasado venres, pasamos un ratiño divertido lendo "O monstro de cores". Así traballamos coas CORES e as EMOCIÓNS, deixándoas todas ben organizadiñas para que non se mesturen e nos pase igual que ó protagonista deste conto.
Moitas grazas pola iniciativa Almudena! Quedamos encantados/as!

2 de outubro de 2017