Para rematar o curso estivemos de visita no CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián no que o vindeiro curso estarán Hugo, África e Paula. Nas primeiras horas estivemos cos nen@s de infantil, distribuídos por aulas segundo a idade, así xa vamos facendo amigos para os próximos anos. Visualizamos o conto da "Oruga Glotona" e fixemos unha super oruga con rolos de cartón. Tamén fixemos xogos no campo de fútbol e merendamos. Despois do recreo subimos ás aulas de 1º e 2º onde nos reencontramos con antigos compañeiros e tamén nos contaron as cousas que se facían. Os dous cursos contan con dous mestres, ún encárgase das Ciencias e as Mates e outra das Letras.
Tamén estivemos na aula de Música onde os nenos e nenas de 5 anos nos cantaron unha canción e por último na Biblioteca do cole.
O pasado 26 de maio o Concello de Tomiño invitounos a unha actividade no auditorio de Goian "As andanzas de Paio" un teixugo que anda polo mundo de viaxe e coñece moitos animais. Trátase dun espectáculo musical da man do grupo O Viravai que nos propón unha fantasía musical no que o Teixugo Paio vai viaxando polo mundo coñecendo os distintos xéneros musicais.
Este trimestre estivemos facendo unhas sesións de baile e xogo con diferentes materiais para axudar a todo o corpo (psicomotricidade grosa) e as partes maís específicas como as mans e os dedos (psicomotricidade fina) a facerses máis fortos, e así tamén, mellorar todas as actividades que requiren dun uso moito máis específico (pintar, abotoarse. limparse, escribir, garabatear, agarrar os cubertos, pinzas...)
As sesións seguían un orde moi específico indo dos movementos máis grosos e con maior enerxía o traballo máis específico e volta a calma. Pódese considerar como unha sesión de ximnasio para recargar pilas pola mañá. Disfrutan moito e os traballos posteriores fánse con unha maior concentración.
Este pasado venres Aitana cumpliu 4 anos e aquí tedes algunhas fotos da celebración... aínda que faltan moitos nenos porque esta semana houbo unha estampida...