31 de maio de 2016

Visita a Goian...

Para rematar o curso estivemos de visita no CEIP Pintor Antonio Fernández  de Goián no que o vindeiro curso estarán Hugo, África e Paula. Nas primeiras horas estivemos cos nen@s de infantil, distribuídos por aulas segundo a idade, así xa vamos facendo amigos para os próximos anos. Visualizamos o conto da "Oruga Glotona" e fixemos unha super oruga con rolos de cartón. Tamén fixemos xogos no campo de fútbol e merendamos. Despois do recreo subimos ás aulas de 1º e 2º onde nos reencontramos con antigos compañeiros e tamén nos contaron as cousas que se facían. Os dous cursos contan con dous mestres, ún encárgase das Ciencias e as Mates e outra das Letras.
Tamén estivemos na aula de Música onde os nenos e nenas de 5 anos nos cantaron unha canción e por último na Biblioteca do cole.

¡Ata o ano que ven!

Ningún comentario:

Publicar un comentario