21 de marzo de 2018

CHEGOU A PRIMAVERA!

Con esta mañá de sol tan estupenda, en Figueiró dedicámonos a decorar o noso patio coas flores que aportaron os nenos/as e as súas familias! Moitas grazas pola vosa colaboración! Mirade que bonito nos quedou todo!






17 de marzo de 2018

¿Hai mellor maneira de rematar un venres?


Onte tivemos unha mañá moi doce. Almudena, a mamá de Adriana e Alejandro, veunos ensinar a facer galletas! Millóns de grazas!!

Foi unha experiencia moi enriquecedora que nos permitiu traballar multitude de habilidades e conceptos: estimación, medición, clasificación por cores, recoñecemento de letras, autonomía, hábitos de recollida e limpeza, traballo en equipo, cooperación...

Como vedes, o resultado foi xenial e delicioso! Aquí vos queda un video-resumo de todo o proceso.
¡Pasámolo en grande!



Descubrimos novos tesouros!



13 de marzo de 2018

Seguimos coas caixas de tesouros!



Hoxe Noelia trouxo algún tesouro máis para completar a súa caixa!


12 de marzo de 2018

A CAIXA DOS TESOUROS

Na escola de Figueiró estamos levando a cabo unha proposta titulada "A CAIXA DOS TESOUROS", que nos permitirá tomar conciencia do paso do tempo e de como imos medrando dende que nacemos. Para iso, cada neno/a en colaboración coa súa familia, traerá á escola a súa particular caixa de tesouros, na que meterá obxectos significativos de cando era máis pequeno/a: fotografías, roupa, biberóns, ecografías, datos como a hora de nacemento, o peso ó nacer... O contido decidirano os nenos/as e as súas familias, polo que cada caixa será única e diferente! A partires de aquí exploraremos os obxectos a través dos sentidos, tomaremos medidas, estableceremos comparacións, elaboraremos hipóteses, miraremos as tallas da roupa nas etiquetas, faremos listados, agruparemos obxectos iguais... o que nos permitirá traballar multitude de áreas de xeito interrelacionado.

A primeira caixa en chegar foi a de Noelia, o pasado venres. Aquí vos deixamos un breve resumo do que fixemos!



Diferentes propostas para comezar a xornada...