19 de decembro de 2017

ALEXIA ESTÁ DE ANIVERSARIO!


Moito tivemos que celebrar hoxe... porque Alexia cumpliu 3 anos! Foi unha mañá moi especial durante a que nos acompañou Ermi, a mamá de Alexia. Axudounos a decorar a clase, tróuxonos un mantel da Patrulla Canina que nos encantou e explicounos cómo fixeron ela e Alexia o biscoito de chocolate que comemos hoxe, que por certo estaba riquísimo! Moitas grazas!
Pasámolo estupendamente, e  aquí vos quedan algunhas fotos!





11 de decembro de 2017

XABÓNS DE CORES

A semana pasada volveu visitarnos María José, a avoa de Adriana e Alejandro, nesta ocasión para ensinarnos a facer xabóns. Foi unha experiencia moi gratificante na que traballamos as cores, as formas, os tamaños... pero sobre todo as sensacións, os olores, as texturas... O resultado, como podedes ver, foi magnífico!




1 de decembro de 2017

Dende hoxe, na escola de Figueiró temos... CAFETERÍA!!! Mirade qué ben funciona...


CreArte!