28 de novembro de 2017

27 de novembro de 2017

ARTE PUNTILLISTA

Moito nos gusta facer puntiños de cores! Mirade que obras de arte elaboramos empregando a técnica do puntillismo: bodegóns e froitas de outono.


23 de novembro de 2017

¡VISITAMOS A ESCOLA DE AMORÍN!

O pasado martes, as escolas de Amorín, Aurora e Figueiró desenvolvemos unha xornada de convivencia da que desfrutamos moito: xogamos, merendamos xuntos, ensaiamos, pintamos, relaxámonos... foi unha mañá diferente e moi enriquecedora!




20 de novembro de 2017

ALEJANDRO CUMPLIU 3 ANOS!


E tocou celebralo como se merece! Comemos unha riquísima tarta de galleta e chocolate que fixeron a mamá e a avoa de Alejandro e Adriana, e tamén nos axudaron a decorar a clase para deixala así de bonita!
Deixámovos fotiños para que vexades o ben que o pasamos!







16 de novembro de 2017

COUSAS DE AVES

Dende que "Cantarín" (un gorrión) entrou hai un mes pola nosa fiestra e quedou enganchado coas súas patas na moqueta da parede, xurdiu na escola certo interese polas aves. Despois de observalo, acariñalo, bicalo e finalmente soltalo a voar, apeteceunos coñecer máis cousas sobres os gorrións e as aves en xeral. Gracias á colaboración das familias seguimos aprendendo! Hoxe Aitana trouxo á escola un niño de paxaro, que atopou o seu tío Martín: observamos de qué materiais estaba feito, tocamos os anacos de cáscaras de ovo que había dentro, elaboramos hipóteses sobre por qué o niño estaba baleiro... e por suposto sacamos unha foto con el! Ahí vos queda!


9 de novembro de 2017

HOXE TOCOU REPOSTERÍA!

A xornada de hoxe adicámola a elaborar a nosa merenda de mañá! E fixemos nada menos que dúas tortas: unha de mazá (froita propia da estación na que nos atopamos) e outra de iogur. Queremos agradecerlle enormemente a Almudena e María José, mamá e avoa de Adriana e Alejandro, que viñeran ensinarnos a facer estes doces tan ricos. Mañá xa veremos que tal saíron, a pinta polo menos é boa! De momento deixámosvos unhas fotos do proceso e o resultado.








8 de novembro de 2017

ARTE DE OUTONO

Por fin! Xa tiñamos ganas de ensinarvos as nosas obras de arte de outono coas que tanto desfrutamos! Todas elas foron elaboradas con elementos naturais aportados polos nenos/as e as súas familias: moitas grazas por colaborar tanto!

Como vedes, cada cadro é diferente e especial, igual que os/as artistas que os elaboraron. Aquí vos deixamos o resultado final!



2 de novembro de 2017

Festas de outono: ¡MAGOSTO E SAMAÍN!

O pasado martes acudimos todos xuntos á escola de Amorín para festexar o magosto e o samaín de maneira conxunta! Pasámolo en grande bailando, xogando, vendo a exposición de cabazas, escoitando contos e música, merendando pan con chourizo e castañas...

A continuación déixovos un vídeo cunha recompilación de fotos deste día e tamén do proceso de decoración da nosa cabaza, da que falabamos hai uns días!