16 de novembro de 2017

COUSAS DE AVES

Dende que "Cantarín" (un gorrión) entrou hai un mes pola nosa fiestra e quedou enganchado coas súas patas na moqueta da parede, xurdiu na escola certo interese polas aves. Despois de observalo, acariñalo, bicalo e finalmente soltalo a voar, apeteceunos coñecer máis cousas sobres os gorrións e as aves en xeral. Gracias á colaboración das familias seguimos aprendendo! Hoxe Aitana trouxo á escola un niño de paxaro, que atopou o seu tío Martín: observamos de qué materiais estaba feito, tocamos os anacos de cáscaras de ovo que había dentro, elaboramos hipóteses sobre por qué o niño estaba baleiro... e por suposto sacamos unha foto con el! Ahí vos queda!


Ningún comentario:

Publicar un comentario