10 de decembro de 2015

TRABALLAMOS A LINGUAXE...

Un dos contidos fundamentais na etapa de Educación Infantil é a linguaxe oral. Como sistema de comunicación e comprensión resulta fundamental que os nenos e nenas aprenden a empregar a linguaxe dunha maneira correcta, aumente progresivamente o seu vocabulario, fagas frases correctas, sepa facer peticións, pedir axuda e empregar as fórmulas habituais de cortesía. Por iso, traballamos o soplo, os movementos da lingua, da boca (praxias) a través de contos de imitación de sons de animais, soplo de velas, pelotas de papel, pompóns, silbatos, plumas, matasuegras, molinillos, pompas... todos estes recursos axudan a acadar unha correcta linguaxe. Ademáis, imos traballando a cantidade de sílabas dos nomes propios, nomes de animais, palabras que comezan por vogais, os sons vogais e consonánticos, o inicio e o final das palabras...todos estos contidos da conciencia fonolóxia, capacidade necesaria para unha correcta adquisición da lectoescritura.
Aquí tedes algúns dos recursos dixitais que empregamos na aula.






Ningún comentario:

Publicar un comentario