6 de outubro de 2017

5 de outubro de 2017

VISITAMOS A IRIS E ÓS NENOS/AS DO SEIXO!

Hoxe foi un día diferente! Pasamos a mañá cos nenos e as nenas da escola de Estás e de Seixo 1. Foi todo moi divertido! Ó chegar presentámonos e bailamos un pouquiño para espertar.
Despois subimos á biblioteca e menuda sorpresa levamos! Resulta que IRIS recibiu a nosa carta e púxose moi contenta. Alí puidemos coñecela un pouquiño máis e tamén desfrutar dun contacontos, grazas á profe Rebeca.

Ó rematar merendamos e saímos ó patio. A verdade é que os nenos/as do Seixo teñen un patio ben bonito!!



Despois saímos dar unha volta e fomos ver unha obra de arte: "O carballo de Vilar", de Liliya Pobornikoba. Para rematar fomos ó mercado, comprobando o que se vendía nas diferentes tendas.


 Como vedes foi unha mañá máis que completa, da que desfrutamos un montón!!!

4 de outubro de 2017

UNHA INVITACIÓN ESPECIAL

Esta mañá cando chegamos á aula atopamos algo que nos fixo moita ilusión: unha carta de Iris, a mascota da biblioteca, no noso buzón!!

Pois o caso é que estamos de sorte! Iris invitounos a visitar a biblioteca do cole de Tomiño, que seica é a súa casa. Para darlle as grazas pola invitación, nós tamén lle escribimos unha carta e metémola no buzón. Esperemos que a Iris lle faga tanta ilusión como a nós!!

3 de outubro de 2017

CORES E EMOCIÓNS PARA COMEZAR!

Hai mellor forma de comezar o curso que coñecéndonos mellor a nós mesmos/as? Grazas á colaboración de Almudena, a mamá de Adriana e Alejandro, que nos visitou o pasado venres, pasamos un ratiño divertido lendo "O monstro de cores". Así traballamos coas CORES e as EMOCIÓNS, deixándoas todas ben organizadiñas para que non se mesturen e nos pase igual que ó protagonista deste conto.
Moitas grazas pola iniciativa Almudena! Quedamos encantados/as!

2 de outubro de 2017

14 de maio de 2017

ENTOMÓLOGOS E ENTOMÓLOGAS

ENTRE LUPAS E BICHOS


OS NOSOS BÓMBICES 
            Os  compañeiros de Carregal  regaláronos uns vermes bómbices  pequeniños (vermes de seda)  e entre as nosas familias os coidamos moi ben.