1 de outubro de 2018

Decoramos o noso patio

Aproveitando o bo tempo que nos acompaña, comezamos a decorar os neumáticos que colocamos no patio a modo de maceteiros para as plantas. 
Pintamos libremente empregando bastonciños coas cores primarias e máis o branco, facendo lunares e diferentes trazos, en definitiva, desenvolvendo a nosa creatividade. Seguiremos pintando ó longo da semana para rematar de decoralos, empregando diferentes materiais.
Posteriormente, utilizamos pedras para decorar a parte interior do neumático, arredor das plantas.  A continuación deixámosvos algunhas fotos do proceso e o resultado de hoxe!




27 de setembro de 2018

O MAR!

Pasadas as primeiras semanas de cole, comezamos a introducirnos de cheo no proxecto no que traballaremos todo o curso, e que mellor xeito de facelo que elaborando unha telaraña cos recordos do verán de cada neno/a:


Posteriormente comezamos a explorar os elementos mariños que foron chegando á aula, comprobando coñecementos previos, intercambiando opinións, sensacións, experiencias...






Con todos eles, grazas ás numerosas aportacións dos nenos/as e as súas familias, comezamos a elaborar o "Recuncho do mar", do que estamos desfrutando moito e que nos está quedando así de bonito!

20 de setembro de 2018

19 de setembro de 2018

Propostas mariñas

Empezamos a traballar por propostas a primeira hora da mañá, introducíndonos pouco a pouco na temática do proxecto de centro.












Un mar entre tod@s

Que mellor xeito de comezar a traballar O MAR que a través do arte! 
Neste caso elaboramos un mural colectivo en papel continuo empregando diferentes tons de azul e branco, que pouco a pouco iremos completando e decorando con motivos mariños. Pintamos con total liberdade pero respectando en todo momento ós nosos compañeiros/as, respectando o espazo de creación de cada un, solicitando amablemente o cambio de pincel para cambiar de cor, preguntando se podemos pintar enriba do que outro/a pintou para complementalo... Estas actividades van permitindo ós nenos/as desenvolver espírito de equipo, coñecer ó resto de compañeiros/as e tamén progresar no autocoñecemento e autocontrol. 
Cando estea rematado xa volo ensinaremos!







12 de setembro de 2018

COMEZAMOS! Curso 2018-2019

O blog da escola de Figueiró volve a poñerse en marcha coa chegada do novo curso, para mantervos ó tanto de todas as cousiñas interesantes e divertidas que facemos nela! Este ano dedicarémonos, entre outras cousas, a investigar sobre "O MAR" en tódalas súas dimensións: especies mariñas, océanos, alimentación, mitoloxía, tradicións culturais, profesións, respecto pola natureza, reciclaxe, arte... Por suposto, necesitaremos da vosa axuda e colaboración!
Deixámosvos unha foto do punto de partida do noso particular recuncho, que pouco a pouco iremos completando, ampliando e enriquecendo cada día. 
Feliz inicio de curso!