2 de novembro de 2014

AS ESCULTURAS E A NATUREZA

O vindeiro mércores 29 de outubro fixemos a nosa 1º saída a entorna. Lucky e Cris, papás de África, invitáronnos a visitar a súa casa para ensinarnos os traballos "ESCULTURAIS" os que se adica. O pasado curso xa fixéramos a primeira visita  pero había unha escultura pendente de facer: " loita entre unha serea e un polvo" feita en pedra. Ensináronnos o martelo neumático que emprega para tallar a pedra, todo un arte. Tamén poidemos ver as obras que enganan os ollos: "os tres homes" e as "tres botellas"
Despois desta visita e de merendar, collemos as mochilas e arrancamos cara ó monte para recoller as últimas castañas da tempada, pasando por diante da fonte que lle da nome o barrio. De volta á escola xurdiron propostas de parar na casa dos avós de Daniela que nos quería ensinar a nova kirika, na casa de Joel para ver a Bongo e o seu gato e tamén na de Hugo para ver as tartarugas e o seu can, que non nos quedou moi claro se morde ou non... outra vez será

2 comentarios:

  1. Que chulada, fermosísimas esculturas, quedamos con ganas de máis.

    ResponderEliminar
  2. Moi enriquecedor traballar con nenos e si os coñeces mellor, espero haber despertado neles o interese polo fantástico mundo das formas, foi moi gratificante.

    ResponderEliminar