O ano pasado comenzamos cun proxeto en colaboración co Concello e a Asociación de Cultivos do Baixo Miño para acercar ós máis pequen@s o coidado e desfrute das plantas. Tivo tan bo resultado que este ano arrancamos de novo con este proxeto. Noemí é a encargada de ensinarnos as peculiaridades da natureza de forma amena e próxima os nosos intereses. Nesta primeira sesión trouxo bulbos de TULIPÁN. Pelamos a casca, enchemos a parte de arriba dunha botella cortada pola mitad con terra (¡cómo nos gusta meter as mans na terra!) e metimos as nosas plantas. Noemí explicounos que este novo sistema para plantar axúdanos a que a planta poda ter auga cando a precise e se tivera moita leva uns pequenos furadiños para que saia o exceso.
Agora tócanos coidar as plantas para velas crecer e levalas a mostro dos cultivos que se celebra en Goián tódolos anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario