O 28 de outubro, reunímonos todalas clases do CRA en Amorín e levamos as nosas cabazas. Unha das primeiras cousiñas que fixemos foi escoitar un concerto que nos emocionou e nos fixo bailar, logo xogamos un motón e repuxemos forzas comendo castañas do Magosto. Para finalizar chegou a policía para ensinar moitas cousas ...
Aquí vos deixamos uns vídeos:
6 de novembro de 2016
5 de novembro de 2016
DÍAS DE MEDO E CABAZAS
No mes de outubro na aula de Figueiró tivemos a visita da bruxa Brunilda. Con ela aprendemos cancións para espantar os medos e o pasamos moi ben cos seus contos e as súas mascotas. Tamén tivemos cabazas na clase, que nos regalaron as familias e con elas fixemos a casiña dos bichos, unha obra de arte. Ao final fixemos unha festa que metía medo xa que todos íamos disfrazados e fixemos arañas para comer. Tamén comimos un biscoito moi rico que fixo Candela coa súa mamá.
O pasamos moi ben!
Aquí vos deixamos algunhas fotografías e uns vídeos.
O pasamos moi ben!
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN FAMILIAS.
Aquí vos deixamos algunhas fotografías e uns vídeos.
16 de outubro de 2016
2 de outubro de 2016
MOMENTOS ESPECIAIS DO MES DE SETEMBRO
12 de setembro de 2016
Benvid@s a tod@s ao curso 2016-17
Espero que xa esteades coas pilas cargadas para comezar mañá con moitísima enerxía. Xa que nos espera un novo curso cargado de xogos e aventuras. No blog poderedes ver algunhas das vosas fotos e ensinarllas as vosas nais, pais, avós, tíos e demais familia.
A nosa aula nos espera....
Enredamos mañá?
11 de agosto de 2016
21 de xuño de 2016
19 de xuño de 2016
Cumpleanos de Verán....Yannira cumple 5 anos
Xa está a rematar o cole e andamos apurando os últimos xogos e momentos en compañía dos compañeir@s. Tamén aproveitamos para celebrar os cumples de xullo e agosto. Así que ¡Moitas Felicidades Yannira! que nun mes cumprirá 5 anos...
12 de xuño de 2016
Visita a unha "GRANXA" ...
O pasado martes estivemos de Visita na Casa de Yannira, que lle chamamos a "Granxa" porque teñen moitos animais e os nen@s e os profes encantados de poder disfrutar un ratiño con eles.
¡MOITAS GRACIAS POR INVITARNOS!
31 de maio de 2016
Visita a Goian...
Para rematar o curso estivemos de visita no CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián no que o vindeiro curso estarán Hugo, África e Paula. Nas primeiras horas estivemos cos nen@s de infantil, distribuídos por aulas segundo a idade, así xa vamos facendo amigos para os próximos anos. Visualizamos o conto da "Oruga Glotona" e fixemos unha super oruga con rolos de cartón. Tamén fixemos xogos no campo de fútbol e merendamos. Despois do recreo subimos ás aulas de 1º e 2º onde nos reencontramos con antigos compañeiros e tamén nos contaron as cousas que se facían. Os dous cursos contan con dous mestres, ún encárgase das Ciencias e as Mates e outra das Letras.
Tamén estivemos na aula de Música onde os nenos e nenas de 5 anos nos cantaron unha canción e por último na Biblioteca do cole.
Tamén estivemos na aula de Música onde os nenos e nenas de 5 anos nos cantaron unha canción e por último na Biblioteca do cole.
¡Ata o ano que ven!
26 de maio de 2016
AS ANDANZAS DE PAIO...
O pasado 26 de maio o Concello de Tomiño invitounos a unha actividade no auditorio de Goian "As andanzas de Paio" un teixugo que anda polo mundo de viaxe e coñece moitos animais. Trátase dun espectáculo musical da man do grupo O Viravai que nos propón unha fantasía musical no que o Teixugo Paio vai viaxando polo mundo coñecendo os distintos xéneros musicais.
19 de maio de 2016
Marcos cumple 6 anos...
17 de maio de 2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)