15 de marzo de 2016

VISITA A UN MUSEO.....LUIS ÁLVAREZ ENSÍNOUNOS AS SÚAS OBRAS

A pasada semana fixemos unha pequena excursión por Figueiró cos compañeir@s de Carregal e Estás, xa que o papá de África nos invitou a ver as súas obras. Un artista autodidacta que atopou na pedra a súa mellor ferramenta para pasar horas sen decatarse. E canto a ún lle ven de dentro, todo é máis doado, pero tamén sabemos que a crisis fixo moita mella na rama, quizás máis importante dunha cultura, a súa arte, Pero hai cousas as que debemos aproximar ós máis pequenos que aínda que pareza que non aporta nada, vai xerando un interese e gusto propio e persoal.
Asi que collemos os bártulos e hacia San Campio arrancamos, e xa que éramos moitos nen@s decidimos crear dous grupos: un quedou xogando en San Campio e poñendo en práctica aqueles xogos tradicionais os que quizás xogaban os seus avós (outro pedaciño de cultura que hai que manter) e outros arrancamos cara a casa de Luis Álvarez, o seu nome artistico, Lucky para os amigos
No camiño tamén saudamos ó irmán e avós de Adri, o seu can Turrón e vimos algunhas casas dos nen@s de Figueiró.
Darlle as gracias a Luis por abrirnos as portas da súa casa e do seu arte, e adicarnos o seu tempo.
E os nenos e nenas de Estás e Carregal e as profes que nos axudaron a pasar unha velada estupenda.

1 comentario:

  1. O agradecido son eu pois os comentarios dos nenos son moi sinceros e aproveitosos, espero haber despertado o interese artístico nalgún deles pois todos levamos un artista dentro, todos levamos un neno dentro.

    ResponderEliminar