24 de abril de 2018

Ímonos pesar!

Fai poucos días incluímos no noso recuncho do corpo unha báscula moi moderna e transparente, á que nos encanta subirnos. Tocaba comprobar cánto pesaba cada un/unha, polo que comezamos a elaborar hipóteses: "seguro que os maiores pesan máis", "Noelia e Adriana pesarán máis porque xa cumpliron 6 anos", etc. Pero despois de realizar esta experiencia comprobamos que non necesariamente son os nenos/as de máis idade os que pesan máis, e que o peso moitas veces está asociado á altura. Así, percatámonos de que Izan pesa igual que Aitana, a pesares de que Aitana é dous anos maior ca él.


A medida que nos iamos pesando, rexistrábamos no encerado o resultado para non esquecelo, comprobando quen tiña o número máis alto e o máis baixo en todo momento para saber quen pesaba máis e menos; máis tarde ordenamos o resto dos pesos.


Cos resultados obtidos, elaboramos un pequeno mural:



Ó día seguinte, unha das propostas consistía en asociar o nome de cada neno/a co número do seu correspondente peso. Non se nos deu nada mal!


Ningún comentario:

Publicar un comentario