28 de maio de 2018

Contacontos en familia: "CUANDO LAS NIÑAS VUELAN ALTO"

O pasado venres Almudena e Jose, os papás de Alejandro e Adriana, viñeron á escola a contarnos este marabilloso conto, que nos invita a perseguir os nosos soños e as nosas ilusións e a loitar por eles a pesares dos obstáculos que atopemos no camiño.


Adriana e Alejandro tamén quixeron participar neste contacontos e así, os catro, fixéronnos pasar un rato moi agradable no que os compañeiros/as estiveron moi moi atentos/as. Mirade!

 

Moitas grazas a esta familia pola súa colaboración! 




20 de maio de 2018

Día das Letras Galegas na escola de Aurora!

O pasado venres, desfrutamos dunha xornada estupenda na escola de Aurora, celebrando o Día das Letras Galegas. Mirade a chea de cousas que fixemos!


Desfrutamos das marabillosas actuacións das escolas de Carregal, Vilachán e Seixo 1, Vilameán, Estás, Barro. Tamén da obra "A festa no faiado" de María Victoria Moreno, dramatizada por algúns mestres/as.

Recibimos agasallos!




Merendamos, xogamos...

E participamos na carreira solidaria! Demos un montón de voltas!

  Se pinchades no seguinte enlace, poderedes ver un vídeo completo desta xornada no blog do CRA.
 
 

15 de maio de 2018

15 de maio, DÍA DA FAMILIA

Hoxe celebramos en Figueiró o día da familia, e que mellor maneira de facelo que recibindo a visita dos nosos familiares na aula para facer diferentes obradoiros! A verdade é que foi unha xornada da que desfrutamos moito.
Fixemos un montón de cousas que resumimos neste vídeo! Esperamos que vos guste. Millóns de grazas ás familias por colaborar e... FELIZ DÍA DA FAMILIA!



14 de maio de 2018

Arte con flores

Como xa vos contamos na publicación anterior, o pasado xoves recollemos na finca de Aitanta e a súa familia un montón de flores diferentes. Pois ben, isto é o que fixemos con elas:


Cadros individuais, que cada neno/a levou para a casa e mais unha mandala na que colaboramos todos, que se atopa decorando unha das paredes da escola. Que vos parece?

Pero non pensedes que foi tarefa sinxela, pois isto é o resultado dun proceso que nos ocupou gran parte da mañá, e do que desfrutamos moito. En primeiro lugar colocamos as flores nunha bandexa, tratándoas con moito coidado, para que non se aplastasen unhas ás outras:


No seguinte paso...


Ó rematar comprobamos que non tiñamos ningunha flor azul nin negra; por sorte, o resto das cores tiñámolas todas!
Coas flores xa organizadas e clasificadas, puxémonos a investigar os nomes dalgunhas delas axudándonos do libro "Inventario de flores". Unha das que máis nos chamou a atención foi a que se chamaba "ave do paraíso" ou "flor de paxaro".


E por último... CREAMOS


10 de maio de 2018

A voltas cos ESTRALOQUES






Aitana xa ten 6!


Hoxe celebramos o cumple de Aitana, e fixémolo dun xeito diferente. Ela e a súa familia invitáronnos a celebralo na súa casa. Como tiñamos tantas ganas, chegamos en 5 minutiños! Alí pasámolo en grande correndo, xogando, vendo animais, columpiándonos... e merendando un riquísimo biscoito que fixo Loreto, a mamá de Aitana. Moitas grazas!

Tamén fixemos outra cousa... recollemos flores! Na finca de Aitana había moitísimos tipos de flores distintas, que mañá empregaremos para elaborar cadros con elementos naturais de primavera. Teredes que esperar un pouquiño para desfrutar destas obras de arte. Polo momento deixámosvos unhas fotos para que vexades todo o que fixemos hoxe.




7 de maio de 2018

Pintamos sobre láminas de plástico

Seguimos facendo obras de arte, pero esta vez nun soporte diferente: láminas de plástico. Utilizarémolas para decorar as fiestras da nosa escola e veranse igual de bonitas desde dentro ca desde fóra! Amosarémosvos o resultado cando rematemos. Agora deixámosvos un pequeno adianto:







Inaugurada queda a nosa nova adquisición!






1 de maio de 2018

Batido de fresa, plátano e... algo de chocolate!

O pasado venres aprendemos a facer un batido de froita, neste caso de fresa e plátano. Que cousa máis sinxela! En primeiro lugar, preparamos a mesa con todo o que nos facía falta.


Despois elaboramos a receita: por un lado escribimos o nome dos ingredientes e debuxámolos; por outro recortamos a secuencia correspondente ó modo de preparación e ordenámola correctamente, non se nos fose esquecer nada!


Despois puxémonos mans á obra! Lavamos as fresas, pelamos os plátanos e troceamos todo ben. Mesturamos a froita co resto de ingredientes (azucre e leite) e... a bater!


Só quedaba decoralo con fideos de chocolate e por suposto merendalo! Estaba boísimo! E que as cousas feitas por un/unha mesmo/a saben mellor, e se traballamos en equipo aínda máis.