1 de maio de 2018

Batido de fresa, plátano e... algo de chocolate!

O pasado venres aprendemos a facer un batido de froita, neste caso de fresa e plátano. Que cousa máis sinxela! En primeiro lugar, preparamos a mesa con todo o que nos facía falta.


Despois elaboramos a receita: por un lado escribimos o nome dos ingredientes e debuxámolos; por outro recortamos a secuencia correspondente ó modo de preparación e ordenámola correctamente, non se nos fose esquecer nada!


Despois puxémonos mans á obra! Lavamos as fresas, pelamos os plátanos e troceamos todo ben. Mesturamos a froita co resto de ingredientes (azucre e leite) e... a bater!


Só quedaba decoralo con fideos de chocolate e por suposto merendalo! Estaba boísimo! E que as cousas feitas por un/unha mesmo/a saben mellor, e se traballamos en equipo aínda máis.


2 comentarios: