O pasado venres tivemos moito traballo... tivemos que montar o composteiro para a nosa escola! Grazas ó traballo en equipo conseguímolo moi pronto, e enseguida comezamos a buscar miñocas para que se instalasen na súa nova casa, aínda que non tod@s nos atrevemos a collelas!
A partir de agora, colaboraremos entre tod@s para traer á escola mondas de froita, restos do café, pan, follas... e pouco a pouco ir elaborando compost para que o que sementemos na nosa horta medre moito! Aquí vos deixamos algunhas fotos para que vexades como o fixemos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario