24 de abril de 2016

Visita a escola de BARRO...

O pasado venres 15 de abril estivemos de visita na Escola de Barro e aínda que o tempo auguraba o diluvio universal tivemos unha xornada estupenda. O pobre Teo viu o cole algo enfermiño, pero non se podía perder o reencontro co seu amigo Hugo. Ademáis, Hugo coñecía a Andrés porque o seu pai xoga co pai de Andrés. Ata os pintores que andaban por alí coñecían a nen@s de Figueiró...
Xogos, cancións, bailes, merenda, unha obra de teatro... e ata compartiron connosco un adelanto da súa obra para as Letras Galegas. Levamos para Figueiró moito cariño dos nen@s  de Barro e da súa profe Maribel que nos regalaron unha planta e moitos "te quieros", corazóns, e outras palabras bonitas. ¡Moitas gracias!
Podedes ver outras fotos no blogue de Barro: Visita Figueiró a Barro

23 de abril de 2016

12 de abril de 2016

Adriana cumple 4 años...

Os máis pequen@s do cole empezan xa a deixar os tres anos atrás. O vindeiro luns 11 de abril foi o cumpleanos de Adriana.









9 de abril de 2016

ECOGALIA: montamos a cabalo

O pasado xoves 7 de abril fomos de excursión  a ECOGALIA onde poidemos acercarnos un pouquiño máis o coñecemento dos cabalos. Outro animal moi importante na nosa vida que nos dá moitas alegrías. Alí puidemos tocar os ponis e cabalos, vimos os seus dentes, e tamén nos explicaron o que comen e todos os seus coidados (lavado, cepillado...). Tamén poidemos disfrutar dun cerdo vietnamita, cinco cadeliños, un gato e un coello. O entorno precioso e un día soleado completou o día. Xa sabemos novas palabras como TORDO OU ALAZÁN, cando falamos da cor dos cabalos e tamén que non falamos de pelo de cor... senón de CAPA

5 de abril de 2016

LER MONIGOTEANDO...

Entre monigotes anda a cousa. Hoxe estivemos practicando un pouquiño a lectura pero dun xeito ameno, e coa colaboración dos máis pequenos. Dous equipos, unhas frases sinxelas e a compoñer o noso monigote. A verdade, non sei que pensades vós, quedaron de fábula.