9 de abril de 2016

ECOGALIA: montamos a cabalo

O pasado xoves 7 de abril fomos de excursión  a ECOGALIA onde poidemos acercarnos un pouquiño máis o coñecemento dos cabalos. Outro animal moi importante na nosa vida que nos dá moitas alegrías. Alí puidemos tocar os ponis e cabalos, vimos os seus dentes, e tamén nos explicaron o que comen e todos os seus coidados (lavado, cepillado...). Tamén poidemos disfrutar dun cerdo vietnamita, cinco cadeliños, un gato e un coello. O entorno precioso e un día soleado completou o día. Xa sabemos novas palabras como TORDO OU ALAZÁN, cando falamos da cor dos cabalos e tamén que non falamos de pelo de cor... senón de CAPA

Ningún comentario:

Publicar un comentario