3 de abril de 2016

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

O pasado venres estivemos xogando a diferentes xogos grupais pero con pequenos obstáculos (mans atadas ás costas, pés presos por un aro, ou atados, gafas de non ver) para tratar de sentir un pouquiño as dificultades que podemos ter. A verdade é que o pasamos en grande e, en xeral, gustoulles ter ese tipo de obstáculos por un momento, excepto as gafas que lle resultaban moi complicadas (senón facían trampas claro).  Estivemos a falar sobre o autismo e outros transtornes que podemos ter as persoas e intentamos a chegarnos os sentimentos que poden xurdir en diferentes situacións.
Tamén estivemos a facer ioga e bailar unha das nosas cancións preferidas "yo soy elástico"

Ningún comentario:

Publicar un comentario