9 de abril de 2018

Decenas de cousas

Un día apareceu na nosa alfombra unha caixa de madeira, bastante pequena... Resultou ter dentro pauciños de cores e unha palabra escrita que conseguimos ler, axudándonos uns ós outros/as. Había 10 paus e a palabra era "decena".



Comezamos entón a debuxar decenas de cousas que se nos ían ocurrindo. Así fixemos decenas de...


Tamén ordenamos a serie numérica do 1 ó 10. E como nos gustou, fixémolo varias veces!


Seguro que se pedíamos a colaboración das familias ía ser máis divertido, polo que cada neno/a levou para a casa unha bolsiña de plástico na que tiña que traer unha decena de cousas. Hoxe comezamos a colocalas, queriamos ver cantas cousas tiñamos en total. Mentres estabamos con isto a voltas chegou Jose Antonio, o panadeiro, e Aitana deduciu que él tamén debía traer unha decena de iogures! Por suposto, tamén empregamos esta decena para facer as nosas contas, e as cousas quedaron asi:


Só nos quedaba contar, primeiro de 1 en 1 e logo de 10 en 10, establecendo correspondencia cos números do 1 ó 10 que xa coñecemos e tamén empregando o ábaco que tanto nos gusta. Cando rematamos fomos conscientes de que tiñamos nada menos que 100 cousas enriba da alfombra...!! E de que para facer 100, necesitamos 10 decenas!

Foi unha actividade moi enriquecedora. Graciñas ás familias por colaborar!







1 comentario: