18 de xuño de 2015

Festa despedida Figueiró...

O xoves 18 fixemos a festa de despedida. Remata o curso e algúns nen@s xa deixan infantil e comenzan unha nova etapa no CEIP de Goián. O primeiro era recoller os nosos traballos e algúns regaliños que tiñamos preparados. Despois tocaba preparar a merenda para os papis e mamis. Un rico bizcoito de nata, receita da mamá de Brego, e así estreábamos o noso forno, Tamén preparamos galletas, café e, por suposto, o mantel. Un pouco de limpeza e algúns paseos despois tiñamos a  mesa posta e o picnic listo: gusanitos, palomitas, galletas, galletas salgadas, bizcoito de nata, tarta de mazá que trouxo Candela, zumo, café, cola-cao.¡só faltaban os convidados! Despois dunha rica merenda e unha charla recollemos todo para comenzar os xogos: paso o aro, derruba as murallas, pescar, volta ó inicio e equilibrio de canicas. Ó final non recordo que equipo gañanou pero pasamos un bó rato. Fixemos unha pequena graduación para despedir os máis maiores con photocall incluído e recordamos bos momentos do curso con unha montaxe de fotos.

¡FELICES VACACIÓNS!  e ¡MOITA SORTE NO COLE NOVO!

Ningún comentario:

Publicar un comentario