17 de xuño de 2015

Visita a casa de Yannira...

Este mércores celebramos o cumpreanos de Yannira (cumpre 4 aniños o próximo 17 de xullo) e fomos de visita a súa casa onde ten un montón de animais: entre gatos, cans, tartarugas, patos... e outra fauna pasámos un día moi divertido e aprendemos un montón de cousas. Ten tres tartarugas ás que lle dan de comer salchichas e pescado; unha parella de patos, ovellas as que puidemos alimentar con maíz e fariña de maíz, galiñas (unha delas estaba chocando un ovo), galos, ocas, porcos, coellos, faisanes, codornices, pombas, dous gatos, un hámster, un can chamado Tyson e unha cadeliña moi velliña. Moitos animais e moito traballo do que se encarga o seu avó Benito. Despois, tíñanos preparado maíz para debullar ¡que traballo máis bo! para poder facer fariña de maíz. Despois de tanto traballar e cando o sol comezaba a apretar degustamos unha rica merenda que nos tiñan preparada ¡así da gusto! Despois dun ratiño de xogos e de despedirnos dos animais (sobre todo da gatiña e do hámster) repartíronnos unha bolsiña de gominolas e unha bolsaza de ameixas arrancamos rumbo á escola.
¡MOITAS FELICIDADES!

 

para descargar el vídeo de youtube:
  1. Copia este enlace  https://www.youtube.com/watch?v=DEvxmzXhXeo
  2. entra en descargar
  3. Pega el enlace y dale a descargar

Ningún comentario:

Publicar un comentario