9 de xuño de 2015

Unha visita moi especial...

O pasado 4 de xuño tivemos unha visita moi especial: os nenos e nenas que virán connosco o vindeiro curso: Izan, Noelia, Aitana e Iker. Faltounos Ana. Para esta xornada decidimos mostrarlles a nosa obra Musical : "A máscara do León", unha rica merenda con bocatas, gusanitos, galletas e os "huesitos" que fixemos o día anterior; xogos no recreo, visita as aulas e coñecemento dos recunchos cos que contamos. Aquí podedes ver algunhas imaxes...



Ningún comentario:

Publicar un comentario