24 de abril de 2016

Visita a escola de BARRO...

O pasado venres 15 de abril estivemos de visita na Escola de Barro e aínda que o tempo auguraba o diluvio universal tivemos unha xornada estupenda. O pobre Teo viu o cole algo enfermiño, pero non se podía perder o reencontro co seu amigo Hugo. Ademáis, Hugo coñecía a Andrés porque o seu pai xoga co pai de Andrés. Ata os pintores que andaban por alí coñecían a nen@s de Figueiró...
Xogos, cancións, bailes, merenda, unha obra de teatro... e ata compartiron connosco un adelanto da súa obra para as Letras Galegas. Levamos para Figueiró moito cariño dos nen@s  de Barro e da súa profe Maribel que nos regalaron unha planta e moitos "te quieros", corazóns, e outras palabras bonitas. ¡Moitas gracias!
Podedes ver outras fotos no blogue de Barro: Visita Figueiró a Barro

1 comentario:

  1. Que bien lo pasamos todos juntos fue un día maravilloso para los peques y las profes. Muchas gracias de corazón por regalarnos gusanos de seda.

    ResponderEliminar