11 de xuño de 2015

Visita ó DÍA e excursión por Tomiño...

Hoxe estivemos de excursión por Tomiño. A primeira parada foi na escola de Seixo onde estivemos facendo a Asamble con todos os nen@s de Seixo e fixemos algún baile e xogos no patio. Despois rumbo o supermercado DÍA, saudando a todo o mundo. Recorrimos os pasillos todos, o almacén, metímonos na neveira e no conxelador, e ata probamos a "roubar" uns antimosquitos, pero en todo momento recordando que temos que comprar xeados, e gominolas, e patatillas ... e un largo etcétera. Esperamos a nosa cola, e despois de buscar ben nos petos o único que apareceu foi un pañuelo de mocos... ó final Ana apiadouse de nós e regalounos a merenda. Menos mal, xa pensei que tiña que vir a policía por nós. De volta a praza aproveitamos para merendar e xogar un pouco, e ata facer novos amigos, Un cadeliño que andaba  por alí ¡coitado! non sabía que, como dixo Daniela, unha sinal poñía que estaba prohibido, ¡Estiveron a piques de multalo!
Cas barrigas cheas de xeado e cos chupachups, alá nos fomos o mercado. Fixéronnos ata un exame de froitas e pescados, pero non vos asustedes que aprobamos todo. Non se nos pasa unha.
E como vós trotamundos, e con esa cariña de bós que temos, saimos cargadiños de caramelos, piruletas e globos, ¡Bendita infancia!
E xa que estabamos, a librería que nos fomos, pero foi unha visita rápida por iso de non provocar moito cos xoguetes e máis argalladas que enchían os estantes e que non podíamos ter.
A visita remataba na deseada Bibliteca do CRA pero andando e andando e unha ventá aberta levounos a facer unha paradiña na Galiña Azul. Atopamos con irmáns, primas, amigas e antigas profes e incluso algún acordou una aniños atrás e esas mañanciñas colgado da roda. ¡ayyy!
Finalmente o recorrido acabou na Biblioteca entre contos e xogos.

1 comentario: